domingo, 15 de octubre de 2017

Outono!!!

Coa chegada do outono caen as follas das árbores, é tempo de castañas, cabazas ... E como non, na Biblioteca do Checho, non podía fallar unha enchente de libros dedicados a esta estación.
Non te esquezas de visitar a biblioteca para botarlles unha ollada!!!

Mentres tanto, aquí vos deixamos o conto "Corre corre, cabaciña" da Editorial OQO, que de seguro xa coñecedes...
        

miércoles, 11 de octubre de 2017

11 de outubro: Día Internacional da Nena

"Superlola", unha nena valente que quere ser superheroína, soña cun mundo mellor no que todas as nenas e nenos sexan libres para ser o que queiran...
Conto creado e escrito por Xema Otero Gutiérrez. Ilustrado e animado por Juan Antonio Muñoz Berraquero. Música producida por Shrimpy. Narrado por Lola Núñez Otero (SuperLola).

Este ano, o Día Internacional da Nena, que se celebra o 11 de outubro, céntrase no tema "Empoderar ás nenas: antes, durante e despois das crises". Con este Día Internacional quérese fomentar cada ano o recoñecemento dos dereitos das nenas e dar a coñecer á opinión pública os problemas excepcionais que afrontan en todo o mundo.
Aquí vos deixamos o vídeo de ONU Mulleres para a conmemoración do Día Internacional da Nena:
  

martes, 10 de octubre de 2017

Préstamo de contos a Infantil

A semana pasada os nenos e nenas de 4-5 anos comenzaron a levar para casa contos da Biblioteca de Checho. Cando esta semana os trouxeron de volta viron emocionados con eles, xa que, disfrutaron xunto cos seus pais e nais da lectura e da actividade que fixeron xuntos onde tiñan que debuxar a parte do conto que máis lle gustou... estivemos vendo todos esos debuxos e falando dos libros que tanto lles gustaron...

GRAZAS CHECHO!!!

miércoles, 4 de octubre de 2017

Contacontos en Pontevedra

O vindeiro Venres día 6, ás 18.00h, na Biblioteca Pública de Pontevedra estará Pavís Pavós. A partir dos 3 anos poderemos disfrutar deste grupo de contacontos que recupera nas súas sesións o xeito tradicional de narrar as nosas historias, pero tamén as nosas adiviñas, refráns ou xogos para que non desaparezcan e a entrada é de balde ata completar aforo.
Imaxe da web da Biblioteca Pública de Pontevedra
Preme na foto para acceder á información
É unha oportunidade de disfrutar en familia dunha actividade divertida e á vez educativa...

Mmmm..."Froita e Iogur"!!!

Este curso, continuamos traballando os hábitos alimenticios saudables asociando un día do tempo de lecer cun alimento natural.
Lembra, os luns seguimos celebrando o "Día do Iogurt".
Asemade, os mércores dedicámolo á froita!!!
Xa sabedes, se sans queredes medrar, froita e leite tedes que tomar!!!

lunes, 2 de octubre de 2017

Iniciación á robótica e á lectoescritura

Os nenos e nenas de 4-5 anos de educación infantil, están a descubrir a robótica. Na aula teñen un Bee Bot, un robot-abella. Aínda están coñecendo as súas  posibilidades, que son moitas, entre elas, vainos axudar na iniciación á lectorescritura e á comprensión lectora.


Se queredes saber máis ou ver outras fotos da experiencia coa robótica, preme no seguinte enlace:
 https://aprofebelen.blogspot.com.es/2017/09/descubrimos-robotica.html

jueves, 28 de septiembre de 2017

A quen lle amarga un doce???

Dende o CEIP "A Carballeira", agradecemos enormemente o recoñecemento ao esforzo diario da nosa labor en prol dunha educación de calidade, igualdade e inclusión.
Artigo Diario de Pontevedra 27/09/2017
Encheunos de felicidade ler este artigo. Abofé que continuaremos con esta liña de traballo que tanta ledicia nos achega!!!
Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.