Hai uns días realizamos unha estupenda visita á localidade de Bueu.Coñecemos de primeira man os pescados, mariscos, carnes e froitas que se poden adquirir no seu mercado. Algún peixe-sapo abríu ben a boca ao vernos!
Logo descubrimos os tesouros agochados no museo Massó e quedamos abraiados coas dimensións das baleas.
E xa para poñer a guinda a esta fabulosa xornada, coñecemos, moi de cerca, os cultivos, as especies de plantas, os lombricomposteiros... do Horto Ecolóxico Agrelo. Un día ben aproveitado!
Podedes ver todas as fotos aquí.