miércoles, 30 de noviembre de 2016

Guirnaldas e postais de Nadal 2016

Coma todos os anos, convidámosvos a participar no Concurso de Postais de Nadal.
Lembrade que a postal elixida, será a que empregaremos dende o colexio para felicitar as Festas deste Nadal 2016 a toda Comunidade Educativa.




Asemade, pedimos a vosa colaboración para crear as manualidades de Nadal coas que faremos unha composición.


Nos vos esquezades de entregar as vosas creacións aos titores ou titoras!

martes, 29 de noviembre de 2016

Saída Museo de Pontevedra e Café Moderno

O venres 25 de novembro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria realizamos  unha saída ao Museo de Pontevedra e ao  Café Moderno.

Primeiro visitamos o Museo, onde nos dividiron en dous grupos, 3º e 4º por unha banda, 5º e 6º por outra.
Os nenos e nenas de 3º e 4º dirixíronse á sala de pintura e escultura. Alí fixeron de detectives da arte. Tras unha pequena charla con nocións básicas sobre pintura e escultura, tiveron que seguir unha serie de pistas para atopar diferentes obras: retrato, bodegón, paisaxe, pintura abstracta, realista, pintura ao óleo, esculturas en madeira...

Nós, os de 5º e 6º, fomos ver a sala da Prehistoria. Para comezar, proxectáronnos un vídeo sobre esta etapa. Logo, déronnos un caderno con actividades e fomos buscando as respostas percorrendo unha sala tras outra.

A continuación, dirixímonos a pé ata o Café Moderno. Os compañeiros de 3º e 4º, xunto co mestre Tito, fotografiáronse coas esculturas de Castelao, Bóveda, Carlos Casar, Valentín Paz Andrade, Ramón Cabanillas e Manuel Quiroga na Praza de San José. 

No Café Moderno, unha guía  amosounos a exposición en pedra e madeira do escultor galego Francisco Leiro. Alén da visita, dividíronnos novamente en grupos para examinar polo miúdo as esculturas e completar una serie de tarefas.

Tamén participamos nun obradoiro de esculturas feitas en espuma. A verdade é que resultamos ser uns habelenciosos escultores!

Foi un día moi interesante e divertido!

Pincha na imaxe se queres ver máis fotos 

Sara, Aarón, Iker Loira e India 6º EP

lunes, 28 de noviembre de 2016

A cabaza encantada

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria elaboramos entre todos un conto ilustrado, un traballo en equipo que queremos compartir con todos vós: "A cabaza encantada".
Realizamos esta actividade de animación á lectura e escritura coa finalidade de mellorar á unión e a integración de todos os rapaces e rapazas do grupo-clase.



Esperamos que vos divirtades co conto tanto coma nós facéndoo!!

miércoles, 23 de noviembre de 2016

Mochilas Viaxeiras

Xa recollemos os primeiros traballos das Mochilas Viaxeiras.
Agardamos que esteades compartindo un bo momento en familia cos materiais seleccionados para cada curso.

Pincha na imaxe para ver os traballos





martes, 22 de noviembre de 2016

Magosto 2016

Acabamos de actualizar a entrada do Magosto cun vídeo sobre as actividades que fixemos ese día.
Para a súa elaboración contamos coa axuda de Sara e India de 6º de Primaria.
Se che apetece botarlle unha ollada, aquí o tes:

"Magosto, magosto, non vaias co posto...

...leva castañas e alegra ese corpo..."

Pois sí, o pasado venres celebramos no colexio o Magosto, levamos castañas e alegramos o corpo.
Primeiro, as castañas asadas e os bocadillos de chourizo. Deliciosos!!!


E despois, divertidos xogos dirixidos polos nenos e nenas de 6º de primaria.
Ata o tempo portouse ben e puidemos facelo todo ao aire libre.




































Foi un día xenial! 
Mirade o ben que o pasamos:



Podedes ver máis fotos premendo aquí.

domingo, 20 de noviembre de 2016

20 de novembro: Día Universal do Neno

O Día Universal do Neno é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.
O seu obxectivo é lembrar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e; por tanto, os que máis sofren as crises e os problemas do mundo.
Este día mundial lembra que todos os nenos teñen dereito á saúde, a educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que nacese.



Dedicar un día internacional á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nenos e nenas teñan un futuro mellor.



viernes, 18 de noviembre de 2016

O POETA DO MIÑO


Co fin de promover a lectura, a creatividade e a comprensión oral en galego; esta semana, os cativos de 2º e 1º de Primaria, xunto cos de Infantil, participamos nun obradoiro de contacontos e debuxos sobre o libro "O poeta do Miño", rendendo así homenaxe a Manuel María.


A actividade, organizada polo colectivo "Polo correo do vento", resultounos moi divertida e interesante.

Primeiro, Enrique Mauricio argallou unha historia de xeito oral e empregando a linguaxe de signos; mentres, Carlos Taboada debuxou un mural relacionado coa historia.


Rematamos realizando cada un, coa axuda de Carlos Taboada, un debuxo de Manuel María amosando que somos uns grandes artistas!


 A creatividade non ten cancelas!!
Pincha na imaxe para ver máis fotos





                               

martes, 15 de noviembre de 2016

Seminario de Alimentos Saudables

Este luns 14 de novembro, con motivo do  Día Mundial da Diabetes, desenvolveuse no comedor do colexio un Seminario de Alimentos Saudables. Contamos coa visita da Concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces.
Mediante unha pequena charla, achegáronlles aos comensais a importancia do cálculo de hidratos de carbono dos alimentos para as persoas con diabetes.
A noticia foi publicada hoxe no Faro de Vigo  e tamén no Diario de Pontevedra. Se queres botarlle unha ollada pincha na imaxe.
Imaxe publicada no Faro de Vigo
Esta xornada de sensibilización, foi todo un éxito. 
Imaxe publicada no Diario de Pontevedra

Velaquí tedes o video publicado pola Fundación para a Diabetes coa finalidade de concienciar á poboación sobre esta enfermidade.

lunes, 14 de noviembre de 2016

Enquisa Inicial: PDI "Alimentación saudable"

Esta enquisa pretende obter datos que nos permitan adaptar os contidos e actividades do PDI "Alimentación saudable", ás necesidades e intereses do alumnado.


Podes encher o seguinte formulario.

miércoles, 9 de noviembre de 2016

Enfiando palabras

Recomendámosche que visites o blog de escrita do colexio, Enfiando Palabras, onde acabamos de publicar os contos que foron seleccionados e lidos durante o Obradoiro de "Contos de medo" neste Samaín 2016.

Pincha na imaxe para acceder á publicación



jueves, 3 de noviembre de 2016

Devoradores de libros: Leonor

Xa temos a primeira devoradora de libros deste curso. Leonor foi a usuaria da bilioteca que máis libros leu no mes de outubro.
Parabéns!! 

miércoles, 2 de noviembre de 2016

Por fin é Samaín!

O pasado venres celebramos no colexio o Samaín. 
Durante a semana, ambientamos os corredores e as aulas.

No recreo, tivemos visitas arrepiantes na Biblioteca. Bruxas, mortos, pastasmas, cabazas, demos... animáronse a ler. Mesmo houbo quen se atreveu a construír algunha manualidade!

Tras do recreo, organizamos dous Obradoiros. O primeiro, un obradoiro de maquillaxe de medo.

Após o obradoiro, algúns e algunhas acabamos feitos uns auténticos monstros.... 

Os máis pequenos xa viñan engalanados da casa para a ocasión.

O segundo obradoiro, consistiu nunha sesión de contacontos de medo. Todos os cursos, acadamos un Diploma de Aula por participar no "II Concurso de contos de medo". Sen dúbida, exporémolo no noso taboleiro!

Mirade as nosas abraiadas facianas!

Rematamos amosándovos a exposición de cabazas dos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria. Unhas elaboracións orixinais e únicas!

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración!!!



Podedes ver todas as fotos aquí.





Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.