Febreiro deixanos uns fermosos traballos das mochilas viaxeiras.
miércoles, 25 de febrero de 2015
viernes, 13 de febrero de 2015
Xa está aquí o Entroido 2015!!
Xa chegou!! Xa está aquí o Entroido 2015!!
Un ano máis os nenos e nenos da Carballeira enchen o cole con fermosos disfraces.
Como xa ven sendo habitual nestes últimos anos a temática xira entorno o noso proxecto documental, polo que o “mundo de papel” foi o protagonista desta festa.
Non queremos deixar de agradecer ás familias o seu gran traballo cheo de orixinalidade.
lunes, 9 de febrero de 2015
Carteis pola paz 2015
Nalgún momento da súa fructífera vida, Mandela dixo: "O reto para cada un de vós é aceptar os ideais de tolerancia e respecto polos demais e poñelos en práctica nas vosas escolas, nas vosas comunidades e nas vosas propias vidas".
Por eso, este pasado día 30, os rapaces e rapazas de 6º elaboraron uns estupendos carteis cos que trataron de promover no centro valores tan importantes como a amizade, a tolerancia, a non violencia e a empatía. Están convencidos de que a paz empeza nun mesmo e fixeron un gran esforzo para convencer aos seus compañeiros.
Noraboa polo voso traballo!!!
miércoles, 4 de febrero de 2015
30 de xaneiro: Día da paz e non violencia.
O pasado venres conmemoramos no cole o día da Paz Escolar e non Violencia. Os maiores de sexto de primaria elaboraron uns fermosos carteis manifestando o seu desexo de amizade, tolerancia, empatía e diversos valores que puxeron de manifesto para que reinase a boa convivencia na Carballeira.
Este ano elaboramos un mural baixo o lema “xardín pola paz” onde participaron todos os alumnos do centro. Ademais, aprendemos a canción “Imagine” de John Lennon facendo nosas as súas verbas: “You may say that I'm a dreamer, But I'm not the only one , I hope someday you will join us , and the world will be as one”
PDI: Infórmate!!!
Neste segundo trimestre comezamos a fase de investigación do noso proxecto documental. Xa podes visitar a exposición de libros relacionados co tema na Biblioteca do Checho, ademáis este ano os rapaces de terceiro de primaria encargáronse da decoración facendo os personaxes do libro Papel en blanco.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.









