domingo, 28 de febrero de 2016

Alimentación saudable

Dentro do Proxecto Documental Integrado deste curso "Alimentación saudable" acabamos de levar a cabo dúas actividades.

Almorzos saudables.
Con esta iniciativa trátase de contribuír ao  desenvolvemento persoal e integral do alumnado nun momento importante na promoción da saúde.O alumnado puido coñecer diferentes tipos de almorzos e a importancia de alimentarse ben de xeito variado cunha dieta equilibrada e variada.
Despois dunha pequeña charla ao respecto,  os nenos e nenas disfrutaron dun almorzo de tipo mixto e remataron con outra charla informativa sobre a importancia da hixiene persoal, a saúde buco-dental e a técnica do cepillado, a cargo dunha técnica da Consellería de Sanidade.



Desde aquí o noso agradecemento a Supermercados Froíz pola súa colaboración na adquisición dos productos necesarios para a realización destes “almorzos saudables”.

Podedes ver as fotos aquí.


Froitas frescas na escola.
Esta foi a derradeira semana do progama "Froitas frescas na escola" co que todo o alumnado do colexio disfrutou dunha peza de froita diferente cada día da semana, para tomar no recreo. 


 Podedes ver máis fotos aquí.

jueves, 25 de febrero de 2016

24 de febreiro: Día de Rosalía

O mércores 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, a escritora máis importante das nosas letras galegas, e na aula de Educación Infantil quixemos facerlle esta homenaxe.


                        


Visitamos a Panadería Acuña

"Os nenos de infantil e de primeiro fomos á panadería Acuña.
Ensináronnos a fariña e o fermento, a masa e os fornos.
Fixemos pan e déronnos napolitana de chocolate."

Naira García e María Vilas, 1º curso


Queremos agradecer a Raquel, a nosa anfitrioa, e aos demais traballadores e traballadoras da panadería e o forno de Acuña a súa simpatía e amabilidade c@s nos@s alumn@s.

Podedes ver as fotos premendo aquí.  

viernes, 19 de febrero de 2016

Chegou o Entroido

E este ano foi de froitas, polo tema do noso Proxecto Documental dedicado á alimentación saudable. Todos os nenos e nenas, as profes e algunhas nais disfrazáronse. 

Había mazás, fresas, piñas, plátanos, peras, sandías, laranxas… e ata recolectoras de froitas. Pasámolo moi ben e outro ano máis puidemos degustar os doces destas datas feitos polas familias e  a chocolatada realizada no colexio. Divertímonos moito,  nais incluídas,  que tamén desfilaron e disfrutaron xogando ás sillas musicais.



Queremos agradecer ás familias a súa colaboración tanto na realización dos doces de entroido como na confección dos disfraces. E salientar o inestimable traballo feito polas nais da ANPA que horas e horas, durante moitos días estiveron deseñando, cortando e mesmo vindo ás clases a axudarlles aos nenos e ás nenas a montar e rematar os traxes. Elas encargáronse dos disfraces de TODO o alumnado do centro, preocupándose  porque ningún neno quedase sen traxe.


E non soamente levaron a alegría e a cor ao colexio senón que o pasearon no desfile do Entroido de Marín, no que acadaron un meritorio 4º premio na categoría de grupos. PARABENS!!!


GRAZAS POLO VOSO ESFORZO E COMPROMISO DESINTERESADO CON ESTE CENTRO QUE É O VOSO CENTRO.

 Podedes ver máis fotos premendo aquí.



Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.