viernes, 30 de septiembre de 2016

Xa estamos listos!!!

Ao longo desta semana realizamos na Biblioteca diferentes xornadas de formación tanto para os colaboradores coma para os usuarios.

Os colaboradores, alumnado de 5º e 6º de Primaria, visualizaron un vídeo-resumo, no que se repasaron as normas da Biblio. Logo, participaron nunha charla-coloquio sobre a distribución dos fondos, seccións, CDU ... Fixemos xogos de ubicación e búsqueda de diferentes materiais.



Do mesmo xeito, o alumnado usuario da Biblioteca repasou as normas, observou atentamente o vídeo sobre as mesmas e elaborou marcadores de libros para os andeis coa temática do PDI deste ano "Alimentación Sauble".



As sesións resultaron un verdadeiro éxito. Todos amosaron moitísimo interese. Xa estamos listos para comezar!!!


Velaí tedes o vídeo que visualizaron os nosos rapaces e rapazas.





Deixámosvos máis fotos para que vexades o ben que o pasaron. Preme aquí.


lunes, 26 de septiembre de 2016

Presentación dos Colaboradores

Ola, nenos e nenas!!!
Quero presentarvos aos colaboradores da Biblioteca deste curso. Son catorce rapaces e rapazas, de 5º e 6º de Primaria, que axudarán no funcionamento e organización da Biblio durante os recreos.
Aínda que moitos xa os coñecedes, recórdovos os seus nomes: Sara, Iker Ucha, Francisco, India, Iker Loira, Aarón, Rafael, Rubén, Irene, Sergio, Yomara, Inés, Antonio e Rocío.



A Biblioteca case está lista para comezar!!!

miércoles, 14 de septiembre de 2016

Comezamos!!

Rematou o verán e iniciamos o novo curso escolar 2016 - 2017. Dende a Biblioteca do Checho xa se anda cociñando algo... Iremos descubrindo as distintas ideas e actividades que nos propón a nosa mascota Checho nas que será imprescindible  contar coa colaboración de todos vós.



Por certo, se tedes tempo, recoméndovos botarlle unha ollada ao Xornal Escolar 2016  e á Memoria Gráfica das actividades realizadas o curso pasado.

Benvid@s de novo!








Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.