jueves, 31 de marzo de 2016

2 de Abril: Día de Concienciación sobre o Autismo


O 2 de abril, declarado pola Asamblea das Nacións Unidas como Día Mundial da Concienciación do Autismo, intenta mentalizar a necesidade de mellorar a calidade de vida dos nenos, nenas e adultos con Autismo para que poidan ter unha vida plena e digna.

Hoxe en día, 1 de cada 150 nenos están dentro do Espectro do Autismo, é a discapacidade infantil de maior prevalencia (máis que Síndrome de Down, cancro infantil e diabetes xuntos). O Autismo é un trastorno que afecta á comunicación e a interacción social. A día de hoxe o Autismo non ten cura e non se coñece con exactitude a súa orixe, pero existen intervencións psico-educativas que permiten unha gran evolución naquelas persoas que teñen o acceso ás mesmas.

 Estas curtametraxes realizadas polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha nena con autismo, poden axudarnos a comprender un pouquiño máis este trastorno e as dificultades das persoas que o padecen.

"A viaxe de María"



"Os trastornos do espectro autista. Academia de especialistas."


martes, 29 de marzo de 2016

Animación á lectura con Raquel Queizás

O xoves 17 de marzo tivemos unha estupenda sorpresa, Raquel Queizás volvía ao cole para deleitarnos con novas historias, esta vez da man da Editorial SM.


Presentounos "Un jarrón de la China", "Aventuras de una gota de agua" e "El oso gruñón", da autora Begoña Ibarrola  ("Cuentos para sentir", ed. SM) e fixonos pasar momentos inolvidables, achegándonos co seu bo facer a esos máxicos mundos cheos de fantasía e ilusión.


Podedes ver máis fotos aquí.

lunes, 14 de marzo de 2016

"Canta bichería!"

Xa están no Pazo da Cultura de Pontevedra os "Bichiños da Carballeira" , o traballo co que o noso cole participa no XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil.


 "Canta bichería": reais ou fantásticos, os animais serán os protagonistas deste Salón do Libro que este ano ven con novidades que estamos desexando coñecer.

Non volo perdades!!

jueves, 10 de marzo de 2016

O Cartafol do Lérez

O pasado venres nós, os alumnos de 5º e 6º, realizamos o obradoiro "O cartafol do Lérez".
Esta actividade consistiu en escoitar unha historia e comentar as particularidades dela. Este ano léronnos "A historia do touro Ferdinando" que describe un animal cunhas características estrañas. 
Case ao final,  asignaron a cada neno un animal especial e nós tivemos que facer a nosa historia. A min tocoume un moucho madrugador. Pódelo crer?
O obradoiro non rematou e queda mínimo unha sesión para finalizalo. Que divertido!
 Víctor Piñón, 6º


Podedes ver máis fotos aquí.

miércoles, 9 de marzo de 2016

Nova visita á Panadería Acuña

Os alumnos de 2º e 3º curso fixeron unha visita á panadería ACUÑA  de Pontevedra, con motivo do PDI que se está a levar a cabo no centro sobre  A ALIMENTACIÓN.
A visita foi moi instructiva, interesante e proveitosa, xa que ollaron todos os pasos que preceden á fabricación do pan, empanadas e biscoitos.
Toda a visita estivo guiada por unha empregada que lles ía explicando nas distintas salas por onde se ía pasando. 


Visitaron distintos compartimentos: o almacén das fariñas e fermentos, o de elaboración das tartas e biscoitos, o da elaboración de napolitanas, o da elaboración do pan, amasado e enfornado do mesmo,... Todo isto completado coas distintas máquinas: amasadoras, batedoras, alisadoras,..


Como remate preparáronlles un obradoiro de amasar, onde os alumnos foron os protagonistas. A masa levárona para casa, onde fixeron xunto coas familias pan, pizzas,..


Como agasallo pola visita, a panadería obsequiounos cunha napolitana e unha barra de  pan a cada un.
Podedes ver as fotos premendo aquí.   

Degustacións de pans

Os alumnos de 1º, 2º e 3º de primaria prepararon unha degustación de pans variados: pan de millo, pan de trigo e pan de centeo.


Montaron un obradoiro coa axuda das súas profesoras: primeiro cortaron o pan en rebanadas, logo quentárono e, por último, botáronlle aceite de oliva.
Foi unha experiencia moi interesante.

Que rico estaba, non quedou nada!
Foi unha boa merenda, están desexando que se repita.

Podedes ver máis fotos aquí. 


martes, 8 de marzo de 2016

Devoradores de libros: Inés.

Febreiro deixanos unha nova devoradora de libros. Esta vez foi Inés a nena con máis libros lidos este mes.
Parabens!!!

 

lunes, 7 de marzo de 2016

8 de marzo: Día Internacional da Muller.


Todos os días son días de traballo pola igualdade pero nestas datas de marzo volve ser urxente lembrar a presenza das mulleres na sociedade. 
O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, é unha das datas claves para avanzar na educación para igualdade, na formación de cidadáns e cidadás na procura dunha sociedade máis xusta permitindo  aos nenos e ás nenas coñecer o mundo no que viven, coñecer a presenza da muller nos distintos ámbitos do saber e nos distintos momentos da historia. E sobre todo, re-coñecer a importancia e a influencia do traballo da muller nos diferentes ámbitos sociais do mundo no que eles viven e medran.

Neste enlace podedes coñecer a historia deste día


E agora un contiño para os máis pequenos


E outro para os maiores

  

Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.