Como todos os anos celebramos a festa de fin de curso coas respectivas merendas, bailes e entrega de orlas aos alumnos que acaban etapa educativa.
Este ano tivemos un fin de curso especial xa que os alumnos de 1º e 2º de E.S.O. do Instituto Mestre Landín de Marín viñeron representar un teatriño de monicreques baseado no libro "As peripecias de Estravaganzza Pérez", a obra de Ledicia Costas para o Salón do Libro de Pontevedra.
Logo houbo a actuacion dos nenos e nenas da actividade de baile moderno.
Tamén entregáronse diplomas aos "devoradores de libros" deste curso.
E, por último a entrega de orlas, cunha mención especial aos alumnos que terminan a súa estancia no colexio e pasan á Educación Secundaria e as profes que o vindeiro curso xa non estarán con nós: Cristina, Leticia e Julia.
Bo verán a todos. Vémonos en setembro!!!
Un saúdo,
O berberecho Checho
lunes, 27 de junio de 2016
sábado, 18 de junio de 2016
O Cartafol do Lérez
Como outros anos, os rapaces de quinto e sexto de Primaria participaron xunto con outros coles do Concello de Pontevedra no "Cartafol do Lérez".
Os traballos dos diferentes obradoiros están xa dispoñibles en Internet en formato blog, no que tamén se poden ver as actividades realizadas nas edicións anteriores, e esperamos para estes días o reparto da versión en papel.
Aquí tedes a ligazón onde podedes ler os traballos d@s nos@s nen@s.
https://ocartafoldolerez.wordpress.com/2016/06/15/fauna-insolita/
Parabéns a tod@s @s participantes!

Unha visita moi especial
Onte, na aula de infantil, tivemos unha visita moi especial: Cati Mercedes, a tartaruga mascota de Mateo.
E, curiosos como somos, acabamos na biblio investigando unha chea de cousas sobre as tartarugas.
Tedes toda a información no blog dos Pequerrech@s da Carballeira.
http://infantilcarballeira.blogspot.com.es/2016/06/visitounos-cati-mercedes.html

viernes, 10 de junio de 2016
Saída á Zona Intermareal de Placeres
O luns, nós os alumn@s de 5º e 6º de primaria fixemos unha saída á zona intermareal de Praceres.
Primeiro o instructor, David, e o seu compañeiro nos deron uns cadernos de campo para recoller anotacións.
Saímos do cole e fomos andando ata a praia de Placeres e alí, nas rochas, observamos algunhas mostras da súa fauna.
David ía explicándonos qué familias de animais mariños hai, entre os que destacan os crustáceos e os moluscos. Vimos cangrexos, miñocas, crías de camarón... e algunhas especies disecadas.
Logo fixemos un pequeno descanso para merendar no parque.
Despois voltamos á praia onde nos esperaba Mª Carmen, unha mariscadora, que nos explicou cómo se faena e cómo se clasifican as capturas.
Tivemos tamén ocasión de vestirnos coa roupa de faenae probar algúns dos seus aparellos.
Ao voltar ao cole, aínda tivemos un cachiño de tempo para repasar o aprendido. Que foi moito!

Devoradores de libros: Úrsula
Xa temos a derradeira devoradora de libros deste curso. Úrsula é a mellor lectora do mes de maio.
Parabéns!!!
Parabéns tamén a Eloy, Fran, Inés, María Vilas, Gabriela, Lucía e Victoria, os nosos devoradores de libros do curso 2015 - 2016.
E lembrade: Un neno que le será un adulto que pense.
Parabéns!!!
Parabéns tamén a Eloy, Fran, Inés, María Vilas, Gabriela, Lucía e Victoria, os nosos devoradores de libros do curso 2015 - 2016.
E lembrade: Un neno que le será un adulto que pense.
Presentamos o PDI: "Alimentación saudable"
Chegamos ao remate do noso PDI: "Alimentación saudable".
A semana pasada chegou o momento de amosar o resultado da investigación de cada un dos ciclos.
O xoves os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º foron quen de expoñer todo o que fixeron durante o curso.
Aquí tedes o traballo que realizaron en 1º sobre as froitas.
En 2º e 3º o seu traballo xirou en torno as verduras, as hortalizas, as froitas,...
En 4º investigaron sobre o etiquetado dos productos.
O venres chegou o turno de Infantil e 5º e 6º de primaria.
En Infantil centraron o seu traballo sobre os cereais.
Os maiores investigaron sobre os macronutrientes: en 5º os hidratos de carbono.
En 6º as graxas.
E os de 5º tamén nos falaron sobre os beneficios das froitas e verduras no verán.
Parabéns a tod@s por este gran traballo.
viernes, 3 de junio de 2016
5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente
O Día Mundial do Medio Ambiente celébrase o 5 de xuño, pero sabemos en realidade que se celebra? O principal obxectivo desta festividade é concienciar á sociedade da necesidade de levar a cabo un desenvolvemento sustentable para preservar o medio ambiente. Así mesmo, preténdese promover a atención e acción política respecto diso.
E é necesario que todo o mundo poña o seu granciño de area para conseguir manter o planeta nas mellores condicións posibles, na medida do posible. Pero, como coidar o medio ambiente? Para que poidas contribuír ti tamén, nesta ligazón podes atopar algúns consellos.
http://www.natura-medioambiental.com/25-consejos-para-cuidar-el-medio-ambiente/

Suscribirse a:
Entradas (Atom)

Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.