lunes, 29 de diciembre de 2014

Rematamos o 2014 con boas novas!

Non queremos rematar o ano sen amosarvos o ben que o pasamos no festival do Nadal. Panxoliñas, bailes e ata unha obra de teatro baseada no noso PDI que este ano xira entorno o libro “Papel en Blanco”.  
Parabéns rapaces polas vosas actuacións, sodes uns artistas!



Dende aquí tamén queremos agradecer a todos os que colaboraron no I Rastro Solidario. Todos os alimentos foron xa recollidos no noso cole para un banco de alimentos. GRACIAS.

Que teñades un Feliz ano 2015!!!




jueves, 18 de diciembre de 2014

A familia Trebón desexanos bo Nadal.

Este ano, os Reis Magos, Papa Noel e mailo Apalpador decidiron unirse para pedir aos nenos e nenas unha serie de favores: 


- Primeiro, que escollan ben o agasallo que máis lles guste e aquel ao que vaian dar uso.

- Segundo,que pidan poucos agasallos a fin de que cheguen para todos os nenos e nenas do Planeta Verde, recordando que o mellor de todos eles é compartir cos amigos os xoguetes.

- E o terceiro e o máis importante, que sexan moi felices e que axuden tamén a ser felices ás persoas que teñen ao seu arredor.

Tamén aproveitan para felicitar aos nenos e nenas por aprender tan ben a regra dos tres erres e instannos a ensinarlla aos seus compañeiros e maiores. 

Agardamos que vos guste.

O apalpador.

Ola nen@s!!! Nestas datas tan sinaladas,  envíovos a ligazón ao video "O Apalpador", para que cantedes e bailedes coa vosa familia ao ritmo de Paco Nogueiras e o seu Brinca Vai.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

Rastro solidario.

       Con motivo das festas de Nadal e sendo conscientes das necesidades que algunhas familias están a pasar nestes tempos, desde a Biblioteca do colexio propúxose  realizar un rastro solidario.


      Este rastro terá lugar  o vindeiro venres 19 de decembro, a partir das 11:00 horas da mañá, antes do comezo do festival de Nadal. 

    As familias da comunidade educativa que poidan e o desexen, poderán traer un alimento non perecedeiro e cambialo por un libro.

     Todo o recaudado será donado a un BANCO DE ALIMENTOS próximo ao centro.

   Contamos coa tua colaboración! 



martes, 9 de diciembre de 2014

Educación para a saúde

O alumnado do 3º ciclo recibimos hoxe a visita de Anxo Graña (GV Sport) para explicarnos detalladamente a importancia da postura corporal na nosa saúde, así como os beneficios que nos aporta tanto a actividade física como o deporte.
Gracias a Anxo, comprendemos que modificando algúns dos nosos "vicios posturais" e algún que outro hábito nocivo (abuso do coche, moitas horas diante do ordenador ou da consola, utilizar excesivamente o ascensor...), poderemos medrar máis sans e sentirnos mellor.  
Sin dúbida, unha actividade ben interesante! 
Pincha na imaxe e verás todas as fotos da sesión.


viernes, 5 de diciembre de 2014

Culturgal 2014

Esta tarde inaugúrase o CULTURGAL en Pontevedra!! Anímote a que te achegues coa túa familia e disfrutes dos contacontos, concertos e mil sorpresas máis!! 


Un saúdo. 
O Berberecho Checho.

Mochilas viaxeiras de novembro.

Xa están aquí os traballos das Mochilas Viaxeiras do mes de novembro. 
Agardamos que pasárades un bo rato arredor da lectura e compartindo os libros da mochila con toda a familia.
https://onedrive.live.com/?cid=DC638383354D1F9E&id=DC638383354D1F9E!2960&v=3



jueves, 4 de diciembre de 2014

Non te esquezas e participa!!!!!


Medrando san.


Na Carballeira de Lourizán somo conscientes de que é preciso unha educación para a saúde dende todos os ámbitos educativos. Así, no mes de novembro coordinamos unha serie de actividades entre o Concello de Pontevedra, a Biblioteca do Centro, e a Asociación de Pais e Nais de alumnos (ANPA).

En primeiro lugar, fixemos unha exposición de libros na Biblioteca  do Checho relacionados con hábitos saudables. Os nenos puideron buscar información sobre diferentes menús saudables, así como a importancia de respectar aos demais, independientemente do seu aspecto físico.


Dende o Concello de Pontevedra recibimos a visita de Ricardo Amerigo, porteiro do S.D. Teucro, equipo de balonmán da nosa cidade, puidemos facerlle unhas preguntas e informounos de diferentes hábitos saudables, centrándose non só nunha alimentación sá senón tamén na importancia de facer deporte.


Por último, rematamos a semana, cunha degustación de froita que aportou a ANPA do noso cole. Así disfrutamos dun riquísimo plátano na hora do recreo.

miércoles, 3 de diciembre de 2014

Noa: devoradora de libros de novembro.

Noa, é unha nena do 1º curso de Educación Primaria, que este mes de novembro se achegou, con moita asiduidade, á Biblioteca do Checho; polo que, como non podía ser doutro xeito, se convertiu na "devoradora de libros" do mes.
Parabéns Noa!!  Dende o Equipo de Biblioteca, animámoste a continuar descubrindo aventuras neste fascinante mundo dos libros.

martes, 2 de diciembre de 2014

O noso Magosto.

O NOSO MAGOSTO 
(por Tania Otero González, 5º de primaria)https://onedrive.live.com/?cid=DC638383354D1F9E&id=DC638383354D1F9E!2898&v=3
    O día catorce de novembro, venres, fixemos no colexio o “Magosto”. A festa tivo lugar no recreo. O profe Pancho dedicouse a facer as brasas para despois asar as castañas e os chourizos. Nesta festa, a costume é asar castañas e bocadillos de chourizo. A festa consiste en realizar unha fogueira e, cando haxa brasa, botar nunha grella as castañas para asalas, e despois botar os chourizos. Para poder conseguir as castañas, contouse coa participación dos nenos e nenas, que trouxeron un puñado de castañas picadas. Unha vez asadas as castañas e os chourizos, os mestres repartiron aos nenos un cucurucho con castañas e bocadillos de chourizo. Despois de comer as castañas e os bocadillos, puxémonos a xogar. Podíamos xogar aos zancos, aos birlos, e a tirar aros para intentar introducilos nunha botella ou nuns paus. 

A verdade é que o pasamos moi ben e divertímonos moito. Foi un día divertido e diferente no colexio. 



Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.