lunes, 26 de junio de 2017

Memoria Gráfica PLAMBE 2016/17 e Revista escolar 16/17

Aquí tedes a  Memoria Gráfica da Biblioteca e a Revista Escolar 2016/17. 
Nelas aparecen todas as actividades que organizamos e coordinamos o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega para desenvolver os diferentes proxectos de Innovación Educativa que levamos a cabo no centro neste curso ( Plan Proxecta, Proxecto ABALAR e EDIXGAL, Proxecto de fomento de uso do galego, Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares, PROA).
Botádelle unha ollada!!! 
Non queremos esquecernos de dar as grazas a todos (alumnado, familias, entidades externas ao colexio e, como non, mestres e mestras) que co voso labor e apoio incondicional fixéstedes posible o desenvolvemento de todas as actividades que aquí vos presentamos.

Bo verán. Ata a volta!!!

Rematamos o curso cun pequeno acto conxunto, onde familias e colexio compartimos recordos, emocións, e gargalladas visualizando fotografías. Tamén houbo agradecementos  e despedidas.

viernes, 23 de junio de 2017

R2 Fernan2

Onte, os nenos e nenas de Primaria, tivemos un primeiro contacto co mundo da robótica da man do robot R2 Fernan2.
Preparamos un circuíto pechado con obstáculos.
Observamos como o robot, programado con anterioridade polo mestre, era capaz de esquivar os atrancos e continuar a súa marcha.
Foi un éxito rotundo, senón xulgade vós mesmos...
Isto é só o comezo dun novo proxecto que tentaremos iniciar o vindeiro curso...

jueves, 22 de junio de 2017

Despedida alumnado de 6º de Primaria!!!

Remata o curso e con el chegan as despedidas. Os compañeiros e compañeiras de 6º quixeron compartir unhas verbas connosco a través desta bitácora. 


lunes, 19 de junio de 2017

Educación Viaria

O venres 16 de xuño, os rapaces e rapazas de 5º de Primaria participamos na última sesión da campaña de formación  "Educación Vial" organizada polo Concello de Pontevedra. 


jueves, 15 de junio de 2017

Mochilas viaxeiras!!!

Velaquí vos deixamos os últimos traballos das Mochilas Viaxeiras realizados en familia!!!
Pincha na imaxe para ver todos os traballos
Grazas a todos e todas pola vosa participación ao longo deste curso.

Publicación das Gravacións "Dálle á Lingua"

Xa están publicadas na web de Onda Cero Radio as últimas gravacións realizadas no colexio para o programa "Dálle á Lingua" a comezos de xuño.
Se che apetece escoitar os audios, velaquí tes o enlace:
Pincha na imaxe para acceder ás gravacións
Lembrade, nesta ocasión, relatamos un estudo realizado sobre o festival de Eurovisión, recitamos a obra "Os vellos non deben namorarse", explicamos en que consisten os Maios, falomos dos alimentos e lemos un conto inventado titulado "A caixa máxica".
Foi unha experiencia fantástica!!!

miércoles, 14 de junio de 2017

Simulacro de evacuación!!!

O venres 9, realizamos no colexio, como cada curso escolar, un simulacro de evacuación. A finalidade de facer estes exercicios prácticos é familiarizarnos coa maneira de actuación ante unha situación de emerxencia, ademais de comprobar a viabilidade do Plan de Autoprotección do Centro.


Neste simulacro puidemos contar coa colaboración do Servizo de Bombeiros do Concello de Pontevedra que, ademais de supervisar todo o proceso, fixérono máis real, xa que tiveron que “salvar” a dous alumnos que “quedaron atrapados” nas aulas. 
Eles farán unha valoración que nos axudará a detectar os posibles erros cometidos na evacuación e poder mellorar así o noso Plan de Autoprotección. 
Desde aquí, agradecemos a súa colaboración.

martes, 13 de junio de 2017

Sesión de Skype co CEIP Froebel

Este venres, 9 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participamos nunha videochamada cos nenos e nas do colexio Froebel. 
Despois de varios días preparando os temas que iamos expoñer e as preguntas que lles iamos realizar..., chegou o día!!! 

Aínda que ao principio tivemos algúns problemas técnicos, axiña foron solucionados. 

Vimos a profesora Rosa!!! ... e conversamos un pouquiño con ela. 
A continuación, empezamos a dialogar cos rapaces e rapazas. Compartimos experiencias educativas, explicámoslles o noso traballo "Euroviseando" e falámoslles dos nosos coñecementos sobre a "Festa dos Maios". 
Pola contra,  eles contarónnos a súa experiencia sobre o intercambio que fixeron con algúns alumnos de Italia. Fixémonos uns aos outros preguntas sobre o colexio, os traballos, experiencias ...





Con esta videochamada... ríiiiimonos moito!!!














Grazas compañeiros e compañeiras do CEIP Froebel. Foi pracenteiro estar en tan boa compaña!!!
Sara e India 6º

lunes, 5 de junio de 2017

Volvemos gravar... "Dálle á Lingua"!!!

O pasado venres, Onda Cero Radio retornou ao colexio co fin de realizar novas gravacións para o seu programa "Dálle a Lingua".
Nesta ocasión, falamos sobre "A caixa máxica 2", o PDI "Vexetais", "A festa dos maios", o traballo de investigación "Euroviseando" e o libro"Os vellos non deben namorarse".

En canto sexan publicados na web da radio estes novos audios, avisarémosvos. Estade atentos!!!

sábado, 3 de junio de 2017

Presentación PDI "Alimentación Saudable"

Ao longo deste curso, traballamos a "Alimentación Saudable", centrándonos nos alimentos de orixe animal pero sen esquecernos da importancia dos alimentos vexetais.
Coa finalidade de que coñezades o traballo realizado no colexio sobre os alimentos, aquí vos deixamos as presentacións dos diferentes niveis.

1º- 2º de Primaria: "Semáforo dos alimentos", receita sa "Biscoito de Iogur".
   

3º Educación Primaria: "Vexetais"
   

4º Educación Primaria: "Alimentos en conserva"
   

5º Educación Primaria: "A carne"


6º Educación Primaria": "Aceite de palma", "Dietas Milagre" e "Bolería Industrial".
    

Educación Infantil: "Os lácteos"
    
Grazas a todos os que participástedes (alumnado, profesorado, familias, comedor, entidades ...) a través das diferentes actividades (obradoiros, certames, contacontos ....). Foi un pracer contar convosco!!!
Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.