martes, 31 de enero de 2017

Día da Paz

Este luns 30 de xaneiro, conmemoramos no colexio o Día da Paz. 
Entre todos e todas elaboramos, no corredor principal, un mural confeccionado con muíños de vento.

Durante a última sesión da mañá, reunímonos no ximnasio e miramos atentamente unha diapositiva do noso coñecido Mahatma Gandhi.

A continuación, proxectáronnos "Contos sen Fadas", tres curtametraxes de UNICEF sobre os nenos refuxiados e migrantes de zonas en conflito

Ao rematar cada vídeo, os rapaces e rapazas de 6º de Primaria tiñamos preparadas unhas preguntas para axudarlles a comprender mellor as historias. 

Rematamos cantando, todos xuntos, dúas cancións relacionadas coa Paz: "Irmaus", un poema de Celso Emilio Ferreiro musicado por Fuxan os ventos e, após, cantamos unha canción preparada polos máis pequenos do cole titulada "Cantamos por la paz".
India, Sara, Aarón, Iker Loira e Francisco 6º

Velaquí tedes as tres curtas que visionamos, baseadas en feitos reais. Todos reflicten como nenos e adolescentes se ven obrigados a desprezarse fuxindo da guerra. 

O paseo de Mustafá. A viaxe desde Siria:
Malak e o barco: Unha viaxe desde Siria:
   
A historia de Ivine e Almofada:


A través destas proxeccións, UNICEF pretende que fagamos unha reflexión sobre o Dereito á protección dos nenos sen importar o seu país de orixe.
Onde queira que estean, cada un ten ese dereito e merece unha oportunidade...

sábado, 28 de enero de 2017

Xoguetoloxía

O xoves, no ximnasio, participamos nun obradoiro de construción de xoguetes, xogos e enredos con materiais de refugallo.
Alí estabamos os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria xunto cos compañeiros e compañeiras de 6º de Infantil.

Comezamos cunha pequena charla das monitoras. Nela explicáronnos que calquera obxecto podémolo converter nun xoguete, só precisamos botarlle algo de imaxinación e ser creativos.

Despois, realizamos un obradoiro no que, coas nosas mans, creamos un xoguete co que enredar logo todos xuntos.

Elaboramos unha tartaruga empregando un anaco de papel, unha casca de noz, fío e un pau.

Empezamos coloreando os debuxos das tartarugas e, deseguido, recortámolos.

Logo, pintamos a casca da noz, cadaquén ao seu gusto, e enchémola de plastilina.

A continuación, puxémonos en ringleira e unha das monitoras foi pegando a noz, o papel e o fío de cada un cunha cola quente.



Ao remate, xogamos e experimentamos con elas. Cal sería a tartaruga máis xeitosa...?
Pincha na imaxe se queres ver máis fotos
Quedamos todos abraiados como con catro cousiñas se pode facer un enredo tan divertido!!!

                                                   Lúa, Vicky, Noa e Gabriela 3º

Velaquí tedes como creamos as nosas tartarugas!
   

Dereitos Humanos

Con motivo da proximidade do Día da Paz, publicámosvos algúns dos traballos de investigación sobre Dereitos Humanos elaborados por dúas das vosas compañeiras de 6º.

Velaí tedes o documento realizado por Sara Moledo:



Velaquí podedes observar o traballo creado por India Castro:



Aconsellámosvos que os leades detidamente, e reflexionedes sobre á información que recollen.

miércoles, 25 de enero de 2017

"Hora de ler"... Gordiño Recheo

Este mércores, durante a "Hora de ler", os nenos e nenas de 1º e 2º gozaron da lectura cunha nova sesión de contacontos. Nesta ocasión, traballaron na aula o capítulo 2 do libro "Gordiño Recheo": "Un hospital noxento".

Os encargados de preparar a actividade esta semana foron Inés e Manuel, compañeiros de 5º de Primaria, tamén padriños lectores dalgúns destes rapaces e rapazas.

Os cativos de 1º, moi atentos á narración,  escoitaron o capítulo amosando moito interese.

Namentres, os compañeiros e compañeiras de 2º, ademais de escoitar, seguían á lectura en voz baixa.

Inés e Manuel leron estupendamente, senón mirade a manchea de aplausos que recibiron...

Antes de finalizar, preguntaron aos pequerrechos algúns feitos do relato. A actividade de comprensión lectora foi realizada en grupo e todos contribuíron para atinar as respostas correctas.

Se ti tamén queres comprobar se recordas o argumento do capítulo 2, "Un hospital noxento", velaí vos deixamos as preguntas!!



A vindeira semana continuaremos con esta actividade de animación á lectura. Que compañeiros serán os próximos contacontos?

Polo momento, grazas Inés e Manuel por este intre tan pracenteiro!!!


martes, 24 de enero de 2017

" Mércores, Día da Froita " e "Luns, Día do Iogur"

Non vos esquezades!!!
O mércores, "Día da Froita", contamos convosco para continuar coa sesión que adicamos á froita no recreo.


Asemade, recordade que ... "Luns, Día do Iogur"!!

A aqueles que xa estades colaborando, moitas grazas;  aos poucos e poucas que aínda non participades..., velaí van algúns consellos para que vos sumedes!

lunes, 23 de enero de 2017

Charla informativa sobre "Acoso" e "Ciberacoso"

Este venres, 20 de xaneiro, dous membros do Corpo de Policía Nacional, achegáronse ao colexio co fin de darnos unha charla, aos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, sobre o acoso escolar e outros temas relacionados co ciberacoso. 


Faláronnos do bullyng, ciberbullyng, sexting e grooming; dos pederastas e os pedófilos.

O bullyng consiste en  recibir acoso dunha ou varias persoas diariamente nun largo período de tempo que pode perxudicar física ou psiquicamente á vítima. Explicáronnos como reaccionar a el, como axudar á vítima, etc.
Tamén nos falaron do ciberacosoou ciberbullyng, que é parecido ao acoso pero a través das redes sociais. Ensináronnos as consecuencias que pode ter e mostráronnos un exemplo real que pasara fai tempo.
Ademais faláronnos do grooming, do sexting  e sobre que eran os pedófilose os pederastas.

Para completar a charla, visionamos dous vídeos moi ilustrativos. E por último, houbo unha rolda de preguntas para solucionar as nosas dúbidas.

Foi unha charla moi instructiva!! 


AMIGOS E AMIGAS!!!
MOITO COIDADO CO QUE FACEDES NAS REDES SOCIAIS!!!

Aarón, Francisco, Sara e India 6º


Esta charla,  forma parte do "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos" impulsado pola Delegación de Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación.

viernes, 20 de enero de 2017

"Hora de ler" ... Gordiño Recheo

Esta semana, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria realizaron unha sesión de lectura diferente na Hora de ler.

Recibiron a visita de dous dos seus compañeiros, India e Aarón, de 6º de Primaria (Padriños lectores dalgúns deles) que se encargaron de ler o primeiro capítulo do libro Gordiño Recheo: "Tío Amancio, o paparazzi".

Os rapaces e rapazas de 1º escoitaron moi atentos o relato dos contacontos.

Os alumnado de 2º, ademais de escoitar o capítulo, foron capaces de seguir a lectura polo libro. 

Algunhas das estratexias que empregaron os contacontos foron: narrar en voz alta, coa entoación, sentimento e xestos apropiados; recitar e convidar aos nenos e nenas a memorizar e declamar unha pequena rima recollida no fragmento ...

Remataron realizandolles aos cativos algunhas preguntas  e, entre todos, atinaron as respostas.






En definitiva, traballamos dunha forma amena e divertida a atención, a memoria, a expresión e comprensión oral, as emocións ...

Pincha na imaxe se queres ver máis fotos

India e Aarón si que souberon entreter e meterse no peto a estes cativos!!

Novos usuarios da Biblio do Checho

Os nenos de tres anos de E. Infantil xa teñen o seu carné de usuarios da biblioteca e poden empezar a levar libros en préstamo.


Hoxe utilizaron este servizo por primeira vez e mirade que felices estaban.

Tedes toda a información no blog dos Pequerrech@s da Carballeira.

miércoles, 18 de enero de 2017

Froita na Escola!!

Os rapaces e rapazas do colexio "A Carballeira" participamos desde este luns no Programa de Consumo de Froitas e Hortalizas... "Froita fresca na escola".

Repetimos experiencia nesta iniciativa que impulsa a Consellería do Medio Rural, a través do FOGGA.

Trátase dunha campaña de concienciación para xerar hábitos saudables de consumo de froita entre os mozos e mozas.

Durante catro semanas ao longo do curso repartiranse entre os nenos e nenas  froita fresca de tempada que poderán degustar nos períodos de lecer.  


Lembrade, empezamos esta semana, do luns 16 ao venres 20, e continuaremos na semana do 30 de xaneiro. Despois retomaremos en febreiro, do 13 ao 24, e volveremos en marzo, do 6 ao 17, con esta modalidade do programa "Aliméntate ben".

Para rematar, comentarvos que no "Luns, Día do Iogur" participou case a totalidade do alumnado. Todo un éxito!!!
Pincha na imaxe se queres ver máis fotos 
Agradecemos enormemente ás familias a súa colaboración en todas as iniciativas que propomos dende o colexio.

lunes, 16 de enero de 2017

Animación á lectura con Raquel Queizás



O martes pasado os nenos e nenas de Infantil recibiron a visita de Raquel Queizás. 
Por cortesía da editorial SM, presentou dúas historias marabillosas de Begoña Ibarrola da súa colección Contos para Sentir – Emocións.




Tedes toda a información no blog dos Pequerrech@s da Carballeira.

jueves, 12 de enero de 2017

Luns, "Día do Iogur"

Seguindo a temática do “Mércores, Día da froita”, o colexio optou por elixir outro día relacionado con outro alimento; decantáronse polo Luns e relacionárono co Iogur, un alimento moi rico en calcio.

O obxectivo é concienciarse sobre unha alimentación saudable, continuando a temática de traballo do noso proxecto documental (PDI) sobre a alimentación.


Deste xeito, os alumnos  teñen a oportunidade de tomar esta comedela durante o recreo, ao menos, unha vez á semana.

India e Iker Ucha 6º

Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.