lunes, 25 de enero de 2016

Almorzos saudables

Seguindo coas actividades do noso PDI "Alimentación saudable" e en colaboración coa Consellería de Sanidade, esta semana participaremos na campaña "Almorzos saudables".
A actividade consiste nunhas charlas formativas, a elaboración e desgustación dun almorzo e a importancia da hixiene bucodental. 



O almorzo será de tipo mixto: iogur, pan, friame, queixo e froita. O martes 26 será para E. Infantil e 1º de Primaria, o mércores 27 para 2º e 3º curso de Primaria e o xoves 28 para 4º, 5º e 6º de Primaria.
Bo proveito!!!



jueves, 21 de enero de 2016

Animación á lectura: "Engulecontos"

A Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, co obxectivo de fomentar a afección á lectura entre os nenos/as máis pequenos, propúxonos o obradoiro "Engulecontos" para os nosos alumnos/as de Educación Infantil e 1º de Primaria.
Marta, a contacontos, comezou presentando a "Engulecontos", quen é e que lle gusta facer,  para pasar a ler o principio dun relato que o ten como personaxe  e que os nenos deberon continuar engadindo un novo fragmento.

Cada aula que participe nesta actividade engadirá un cachiño máis para así facer unha gran historia entre todos os centros. Esta historia estará dispoñible unha vez acabada a actividade na web do concello no servizo de educación (www.educacion.pontevedra.eu) 

 E por último fixeron o debuxo do pequeno Engulecontos tal como eles o imaxinan. Mirade que guapo quedou!

viernes, 15 de enero de 2016

"Froitas Frescas na Escola"

Dentro do noso Proxecto Documental Integrado "Alimentación Saudable", este trimestre fomos seleccionados para participar no programa "Aliméntate ben" das Consellerías de Medio Rural e do Mar. 
"Aliméntate ben" quere fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento axeitado.



Por este motivo foinos concedida unha axuda do Fondo Galego de Garantía Agraria para consumir "Froitas Frescas na Escola" e a semana que ven (do 18 ao 22 de xaneiro), todo o alumnado do colexio disfrutará dunha peza de froita diferente cada día da semana, para tomar no recreo.
Esto repetitase tres semanas máis nas datas seguintes: do 1 ao 5 e do 22 ao 26 de febreiro, e do 7 ao 11 de marzo. 

jueves, 14 de enero de 2016

Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.