...é hora de contar historias de medo e botar a rir.
Hoxe foi un día especial...por fin chegou o Samaín.
O concurso de Contos de Medo tivo moito éxito e algúns deses relatos foron elexidos para o obradoiro de Contacontos. Os autores fixérono realmente ben e todos o pasamos de medo coas súas historias.
Pero non só iso, tamén tivemos obradoiros de Maquillaxe e de Debuxo.
Para este último eliximos unha dinámica de traballo cooperativo, o folio rotatorio, coa que se trata de adquirir conciencia de equipo, aceptar as preferencias do outro e traballar xuntos para conseguir o mesmo obxectivo.
E non nos podíamos esquecer da exposición de cabazas. Superámonos cada ano en participación e orixinalidade.
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración!!!
Preme aquí para ver todas as fotos.
jueves, 29 de octubre de 2015
lunes, 26 de octubre de 2015
Preparando o Samaín
Morcegos, arañas, cabazas, pantasmas,… estamos preparando todo para o Samaín
Nos corredores e nas aulas e tamén na biblioteca
Pero, por que celebramos o Samaín? Preme aquí e o saberás.
E mentras esperamos o gran día...a mover o esqueleto co "Brinca Vai!": No Samaín, de Paco Nogueiras (Kalandraka)
domingo, 25 de octubre de 2015
Esta semana ímolo a pasar de medo!!!
E nada mellor que comezar cun concurso. Animádevos e participade.
Agárdovos na biblio!!!
Un saúdo. Checho.
E para meterse en faena aquí tedes esta historia da editorial OQO: Fiz, o coleccionista de medos
Un saúdo. Checho.
viernes, 23 de octubre de 2015
24 de outubro, Día da Biblioteca
O 24 de Outubro é recoñecido como o Día da Biblioteca, desde que hai anos comezara a celebrarse grazas ao empeño da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, no 1997, e que mellor que reunirnos hoxe todos na nosa biblioteca para celebralo.
Alí presentáronse as bibliotecas de aula
Alí presentáronse as bibliotecas de aula
O novo proxecto documental integrado que desenvolveremos este curso "Alimentación saudable"
E as mochilas viaxeiras que con tanta ilusión todos estabades a esperar.
Agardamos os vosos traballos e que disfrutedes delas con toda a familia.
jueves, 22 de octubre de 2015
Froitas de outono
Este ano o noso Proxecto Documental Integrado está dedicado á Alimentación Saudable polo que realizaremos moitas actividades ao longo do curso relaccionadas con este tema.
Xa sabedes que, igual que o curso pasado, as merendas dos mércores deben ser a base de froita e desde este mércores estamos a degustar feixoas e guaiabos fresa proporcionados pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro que temos aquí en Lourizán, no Rozo.
Nos próximos días tamén poderemos tomar noces e castañas.
Agardamos, con estas iniciativas, axudar a mellorar a alimentación dos nosos nenos.
Podedes ver máis fotos aquí

lunes, 19 de octubre de 2015
Outubro, mes das bibliotecas escolares
Outubro é un mes moi especial porque comezan as actividades da nosa biblioteca e estamos a preparar moitas cousas: novas bibliotecas de aula, novas mochilas viaxeiras, novo Proxecto Documental Integrado,.. e, se cadra, algunha que outra sorpresa.
E aínda que xa sabemos que todos vos sodes uns bos usuarios da biblioteca, non está de máis recordar as súas normas.
E aínda que xa sabemos que todos vos sodes uns bos usuarios da biblioteca, non está de máis recordar as súas normas.
Agárdote na biblio! Un saúdo.
O Berberecho Checho.
O Berberecho Checho.
lunes, 12 de octubre de 2015
16 octubre, Día Mundial de la Alimentación.
O16 de outubro de cada ano, celébrase o Día Mundial da Alimentación, proclamado en 1979 pola Conferencia da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación, (FAO)
O Día Mundial da Alimentación pretende espertar a conciencia de todos para así loitar contra a fame, a malnutrición e a pobreza na que viven persoas en todo o mundo.
Este curso aprenderemos moitísimas cousas sobre como ter unha alimentación saudable así que se queredes empezar a informarvos podedes facelo aquí:
http://www.gastronomiaycia.com/2015/10/11/dia-mundial-de-la-alimentacion-2015/
http://www.enredate.org/cas/-dia-mundial-de-la-alimentacion

E, por suposto, tamén na nosa biblio.
Agárdote alí! Un saúdo.
O Berberecho Checho.miércoles, 7 de octubre de 2015
A Metasequoia de Lourizán aspira a Árbore Europea 2016
Sabedes que moi preto do noso cole, no Pazo de Lourizán, temos unha árbore tan especial que pode ser catalogada como un verdadeiro fósil vivente?
Trátase desta metasecuoia e foi seleccionada como unha
das candidatas españolas ao concurso Árbore europea do ano 2016
O obxectivo deste concurso é destacar as interesantes árbores vellas como un importante patrimonio natural e cultural que deberiamos apreciar e protexer, no que non é importante a beleza, o tamaño ou a idade, senón a historia e a conexión coas persoas. Son árbores que se converteron nunha parte integrante da comunidade no seu sentido máis amplo.
Nestas ligazóns tedes máis información:
http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2015/10/07/metasequoia-lourizan-aspira-arbol-europeo-2016/0003_201510P7C12993.htm
http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2015/10/07/metasequoia-lourizan-aspira-arbol-europeo-2016/0003_201510P7C12993.htm
E, por suposto, tamén na nosa biblio.
Agárdote alí! Un saúdo.
O Berberecho Checho.
Todo preparado na nosa Biblio para que comeces a explorar.....
"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido para o cartel da campaña anual das bibliotecas escolares de Galicia.
Este lema chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.
Esperamos que te divirtas!

Xa estamos de volta!
Xa estamos aquí un curso máis, con moitos ánimos e novas ideas que esperamos poder levar a cabo coa vosa colaboración.
Benvid@s a tod@s á Biblio do Checho!!!
Agárdote na biblio! Un saúdo.
O Berberecho Checho.
Benvid@s a tod@s á Biblio do Checho!!!
Agárdote na biblio! Un saúdo.
O Berberecho Checho.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.