miércoles, 31 de mayo de 2017

Máis agasallos para a Biblioteca do Checho!!!

Francisco, o noso compañeiro de 6º de Primaria, agasallou á Biblioteca do Checho cunha manchea de revistas para todas as idades e libros para os primeiros lectores.
Moitas grazas Francisco pola túa achega!!

Creacións VII Certame Literario

Acabamos de publicar no blog de escrita,"Enfiando palabras", todos os traballos achegados para o VII Certame Literario.
Pincha na imaxe para acceder á entrada
Botádelle unha ollada!!!

martes, 30 de mayo de 2017

Visita ao mercado de Pontevedra

O pasado xoves, visitamos o mercado de Pontevedra da man de "O Ganapán", o espazo infantil da praza de abastos.
Alí coñecemos o mercado de abastos, o edificio e a xente que traballa nel.

Despois da  visita participamos nun obradoiro de manualidades. Creamos unha flor de papel.
Pincha AQUÍ para ver todas as fotos
Foi unha experiencia fantástica na que aprendemos moitísimo!!!

lunes, 29 de mayo de 2017

Por fin chegou o día!

Despois de que os nenos de 3º a 6º leran o libro en cadansúas aulas e llelo narraran aos meniños, fixeran caricaturas dos personaxes e contaran a historia por medio de debuxos..... chegou o día!
Fina Casalderrey, a autora do libro "Gordiño Recheo", que traballamos durante todo o curso, estivo no noso centro o venres 26 de maio.
Falounos de feitos que lle aconteceran durante a súa nenez e de como empezou a escribir.
Díxonos que o libro "Gordiño Recheo" xurdiu cando lle pediron que intentara concienciar aos nenos da importancia dunha boa alimentación.
Antes de que os nenos lle fixeran preguntas, fíxoos partícipes das súas verbas.
E para finalizar a visita, firmoulles o libro a todos aqueles que quixeron.

Euroviseando!!!

O pasado venres 15 de maio, os alumnos de 6º de Primaria expuxemos os traballos de investigación que realizamos sobre algúns dos países participantes no Festival de Eurovisión, celebrado o 13 de maio en Kiev.
Para esta actividade organizamos parellas, a cada grupo asignóuselle un país distinto. Cada un facía unha parte, que podía ser tanto xeográfica como musical. Na parte xeográfica, buscamos onde se situaba o pais, cantos habitantes tiña... Na musical, cantas veces ganara eurovision, cando ganara, con quen...
Os grupos foron os seguintes:

India e Francisco: Suecia.
Sara e Aarón: Israel.
Iker.U e Iker.L: Noruega.


Foi moi divertido traballar en grupos e coñecer máis a fondo algúns países. Invítovos a realizar eta actividade nas vosas aulas!!!
Aarón, Sara e India 6º EP

Velaquí tedes os traballos presentados:
        

domingo, 28 de mayo de 2017

Cóntame un conto!

Seguindo coas actividades das Letras Galegas, esta semana os máis pequenos tiveron uns contacontos moi especiais: os alumn@s de 6º.

O luns comezou Fran, co conto "Elmer outra vez".
O martes foi a quenda de Iker e Sara coa marabillosa historia "O Valente coello que quixo soñar".
O mércores foi Iker quen se encargou de contar "O segredo do rei Curro".
E o xoves foron Aarón, India e Rafa os que se encargaron de contar un fantástico clásico da literatura infantil: "Rato de campo e rato de cidade".
E para pechar a semana, veu a nai de Bea a contarnos "Bágoas debaixo da cama", encandeando aos máis pequenos.

             

Que ben o pasamos! Moitas grazas!

miércoles, 24 de mayo de 2017

Hora de ler ... Gordiño Recheo

Hoxe, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria, rematamos de ler o libro Gordiño Recheo. 
Tivemos a sorte de poder escoitar as narracións das compañeiras de 3º: Shaenia, Noa e Sabela. Léronnos os capítulos 18 "Andrea Macarrón e Angustias Groso en Gran Canaria", 19 "Saleta e Poli, detectives" e 20 "Quería saber se son obeso".
Logo, nós coa axuda da mestra, realizamos unha lectura colectiva e en voz alta dos capítulos 21 "O aniversario de Andrea Macarrón Groso" e 22 " Unha carta reveladora".
Por fin, descubrimos que Zoel é un neno san, saíu do hospital e xa non ten nin hipertensión nin colesterol. 
Agradecemos a colaboración de todos os compañeiros e compañeiras que, unha vez ramatado o libro nas súas aulas, organizaron estupendas e fabulosas sesións de contacontos.
A lectura deste libro foi moi valiosa, pois permitiunos entender que determinadas condutas poden ser prexudiciais para a saúde, valorar a importancia do que un ten e, o máis importante, descubrir a lectura como unha fonte de entretemento e diversión.

martes, 23 de mayo de 2017

Hora de ler... Gordiño Recheo

A piques de rematar o libro de "Gordiño Recheo", hoxe na aula de 1º e 2º de Primaria gozamos dunha sesión de animación á lectura organizada polos compañeiros e compañeira de 4º de Primaria. 
Narráronnos os capítulos 15 "A ameaza da bruxa", 16 "A caída no burato" e 17 "Un final terrible". Coma sempre, escoitamos moooi atentos todo canto lle ocorreu a Zoel nestes relatos. Contáronnos que o pobre rapaz, escapando do que cría que era a Bruxa do Ollo Verde, caeu nun burato, mancouse e quedou encaixado dentro. Agora agarda nel a que o atopen...
Despois da lectura, chegou a quenda de preguntas sobre os feitos acaecidos que, entre todos, respondemos sen dubidar.

Moitas grazas Sergio, Yaiza e Ariadna por este momento de lecer!!!
A dicir verdade, isto ponse mooooi interesante. Imos ver como se arranxa toda esta historia de Zoel...

lunes, 22 de mayo de 2017

Agasallos para a Biblioteca do Checho!!

Carmen, a nosa compañeira de 4º de Primaria, fixo unha importante doazón de libros á Biblioteca do Checho. Agasallounos cunha morea de exemplares para todas as idades.
Moitas grazas Carmen!! De seguro, moitos rapaces e rapazas do colexio van entreterse léndoos!!! 

Agardamos convidada!!!

Este venres, recibiremos unha visita moi especial na Biblioteca do Checho... Trátase dunha fantástica escritora pontevedresa, autora do libro que levamos lendo ao longo do curso, "Gordiño Recheo". Por iso, estamos traballando arreo para acollela!!!
Enchemos os corredores e a biblioteca do colexio cunha morea de traballos sobre os personaxes que xa nos resultan tan familiares: Zoel, Andrea Macarrón Groso,Tío Amancio, Leonor, Vito, Saleta, Marta, Xoán o pai de Zoel, Angustias ...
Coloreamos e compuxemos as marabillosas ilustracións que atopamos nos diferentes capítulos...
En definitiva, xa está todo listo para recibir con gran afervoamento esta convidada tan agardada!!!
Xa sabedes de quen estamos a falar... non?? Por suposto, non podía ser outra máis que a nosa Fina Casalderrey!!!
Agora deica pouco xa chega o venres......

viernes, 19 de mayo de 2017

Día das Letras Galegas 2017: Carlos Casares

O pasado martes celebramos o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Carlos Casares, un dos autores en lingua galega máis relevante do século XX.
Caricatura-cartel Dia Letas Galegas 2017
Asociación Veciñal "O Burgo" - Pontevedra
Engalamos os corredores con pósters e actividades sobre o autor.
Para celebralo, reunímonos todo o colexio na biblioteca do Checho. Primeiro, visualizamos un vídeo da fundación Carlos Casares.
      
Despois, os alumnos e alumnas de 6º de primaria explicáronos un pouco da biografía do autor.

A continuación, Sergio, Rocío e Irene (alumnos de 5º de primaria) contáronos unha das súas obras máis coñecidas: "A Galiña Azul".

Rematamos a xornada coa entrega de diplomas aos participantes no IV Certame Fotográfico...
Diplomas IV Certame Fotográfico
.... e premios ás mellores receitas do VII Certame Literario. 
Premios VII Certame Literario
Parabéns a todos eles e as súas familias pola colaboración!  
Pincha AQUÍ se queres ver todas as fotos

lunes, 15 de mayo de 2017

Exposición IV Certame Fotográfico

Rematado o prazo para a presentación de obras para o IV Certame Fotográfico "Alimentación Saudable", aquí vos deixamos as fotos de todos os que concursástedes.
Pincha AQUÍ para acceder ao álbum de fotos do IV Certame Fotográfico


Agradecemos a vosa participación así como a acollida que teñen este tipo de actividades que pretenden implicar a Comunidade Educativa (familias, servizos complementarios coma o comedor) no proceso ensinanza-aprendizaxe do noso alumnado.
No corredor principal do colexio atoparedes a exposición dos traballos entregados. Invitámosvos a  que a visitedes!!!

miércoles, 10 de mayo de 2017

Ovos azuis???

Esta semana, un mestre do cole trouxo media ducia de ovos azuis. Si, si, oístes ben, ovos azuis!!!
Quedamos todos abraiados, nunca viramos tal cousa!!!
Explicáronnos que eran dunhas pitas autóctonas de Arxentina, da raza "Araucana". Comentáronos que estes ovos, aínda que teñen a casca azulada, a clara e a xema son da mesma cor que a doutros. Este alimento de orixe animal, disque é moi saudable polo seu baixo contido en colesterol; debido, principalmente, a alimentación coa que se crían  estas polas. Seica só comen millo, herba e verzas.
Imaxe concursante no IV Certame Fotográfico-Gabriel 4º EP 
Todos amosamos asombro ao descubrir as cualidades nutricionais que posúen. 






Oíronse comentarios como: "mira ti que cousa...!", " estes son os ovos que precisan os avós para baixar o colesterol!" ou "se Gordiño Recheo se alimentara disto, no canto de comer tantas lambonadas...!!!".

Foi unha forma moi entretida de estudar a particularidade dalgúns alimentos de orixe animal!!
Ímoslle dar voltas ao miolo e cavilar que saborosa receita poderemos cociñar con eles....

martes, 9 de mayo de 2017

Hora de ler... Gordiño Recheo

Este luns, na aula de 1º e 2º de Primaria, novamente gozamos dunha sesión de contacontos durante a "Hora de ler". Esta vez, da man dos nosos compañeiros e compañeiras de 1º como contacontos, continuamos coas aventuras de Gordiño Recheo.
Narráronnos o capítulo 15 "A ameaza da bruxa". Pobre Zoel.., tiña o medo no corpo co conto da Bruxa do Ollo Verde...!!!  
Xa dicía Zoel no relato..., "Son un larpeiro, porque comería tanto doce...". De non ser así, sa cadra, esa noite sería moito máis acougada no campemento...
Ao remate da lectura, respondemos a varias cuestións para comprender e resumir o capítulo na súa totalidade.
Foi fantástico contar cuns lectores tan marabillosos... Grazas Julé, Paula, Giselle, Leonor, Alexandre, Mateo, Diego e Ainara por este momento tan pracenteiro!!!

domingo, 7 de mayo de 2017

Dálle a Lingua!!

O pasado mes de novembro, os alumnos e alumnas de Primaria participamos na actividade escolar "Dalle á Lingua", proxecto de promoción da lingua galega a través da radio que emite ONDA CERO, co patrocinio de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.
Comunicáronnos que xa están subidos os audios na web de Onda Cero.Se queredes escoitar as nosas gravacións, velaquí tedes o enlace:
Pincha AQUÍ para acceder ás gravacións
Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.