viernes, 27 de mayo de 2016

Excursión pola zona vella de Pontevedra

Hoxe venres, os alumnos de educación infantil e 1º curso de primaria foron de "Excursión pola zona vella de Pontevedra". Fixeron un percorrido guiado polo centro histórico co obxecto de ligar o uso do idioma aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica de Pontevedra. 


Tedes máis información no blog dos Pequerrech@s da Carballeira.
 http://infantilcarballeira.blogspot.com.es/2016/05/excursion-pola-zona-vella-de-pontevedra.html

@s de Infantil tamén cultivamos leitugas

Igual que os maiores do cole, este martes @s de Infantil fixeron a súa plantación de leitugas.
Como verdadeiros expertos, cada un plantou no seu testo a súa leituguiña.


Agora só queda esperar  a que crezan  para gozar dunha riquísima e sanísima ensalada. Bo proveito!!!

Tedes toda a información no blog dos Pequerrech@s da Carballeira.
http://infantilcarballeira.blogspot.com.es/2016/05/cultivamos-plantas-leituga.html

27 de maio: Día Nacional do Celíaco



 CELÍACO?

Cada vez aumenta máis o número de nenos e nenas que sofren algún tipo de alerxia ou intolerancia. Na nosa clase, sin ir máis lonxe, atopamos varios exemplos, polo que nos parece interesante comentar brevemente algún deles.
Nesta ocasión, ímosvos falar da enfermidade celíaca.
Hoxe sabemos que o 1% da poboación é celíaca, pero a maioría desconóceno ou están sin diagnosticar.
Antigamente, se identificaba como unha enfermidade infantil, pero agora sabemos que se pode manifestar a calquera idade.
Trátase dunha característica da persoa que a padece, que a fai permanentemente intolerante ao gluten.
Pero... que é o gluten? O gluten é un tipo de proteína presente en moitos alimentos. A súa función consiste en actuar de cemento para unir os diversos ingredientes dun producto.
O ser humano posúe, no intestino delgado, uns pequenos peliños, chamados vellosidades intestinais, que teñen a misión de absorber os nutrientes dos alimentos para logo levalos ao sangue; pero algunhas proteínas, como o gluten e a lactosa, son moi pesadas e precisan dunhas enzimas especiais para disolvelas. Os celíacos non fabrican esas enzimas polo que o gluten, ao non disolverse, destrúe as vellosidades intestinais e o organismo deixa de nutrirse axeitadamente.
Para solucionar este problema, as personas celíacas deben eliminar completamente o gluten da súa alimentación.
Ao principio, o diagnóstico pode poñer patas arriba a toda a familia, pero unha vez que nos acostumamos ás novas rutinas, contrólase ben, aínda que supón un gasto adicional para a economía familiar, pois os productos sen gluten son máis caros.
E agora, surxe a pregunta: Podo invitar a un compañeiro ou compañeira celíaca á miña casa?. E a resposta é: Pois claro!. No mercado existe variedade de productos e lambetadas sin gluten, o único que debo facer é informarme e conseguir que o meu amigo ou amiga se sinta como o que é “un máis”.

Víctor e Lara, 6º curso


Si queredes  saber máis, premede nesta ligazón:

miércoles, 25 de mayo de 2016

Plantamos leitugas

Os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria levaron a cabo o luns unha plantación de leitugas comestibles de diversas variedades como colofón do proxecto documental sobre a alimentación saudable que estamos a realizar no centro este curso.

A actividade despertou moito interese e entusiasmo entre o alumnado, cada un preparou no seu testo candansúa leituga co posterior regadío da mesma.




Todos quixeron ter a súa planta para cando medre poder saboreala nunha gustosa ensalada no verán. Desexamos que toda a familia participe desta degustación cunha ensalada variada e saudable.

Por este curso xa damos por rematado o tema da alimentación, que continuará para o curso vindeiro, onde se instaurará un horto escolar para potenciar os cultivos ecolóxicos, como motivación dunha alimentación sa. Quen sabe se de aquí sairán futuros agricultores!!! Oxalá!!!

Desexamos que este proxecto servise para que tod@s adquirisen hábitos saudables de alimentación.
Bo proveito!!! 

Podedes ver as fotos aquí.

Día das Letras Galegas 2016

O pasado venres celebramos o Día das Letras Galegas.
Este ano visualizamos varios vídeos. O primeiro sobre o autor homenaxeado, Manuel María.


Os nenos e nenas de 1ºde primaria tamén fixeron outro sobre os seus poemas.



Os alumnos de educación infantil e 4º de primaria cantaron dúas cancións da súa obra "Os soños na gaiola".


E dous alumnos de 3º, Yaiza e Sergio, fixeron unha lectura da súa obra.



Para finalizar, entregáronse os premios do III Certame Fotográfico. Este ano foi verdaderamente difícil, dada a calidade e orixinalidade das fotografías presentadas, elexir entre todas elas.
Os gañadores foron Nerea González, Sergio Veiga e Sabela Vidal e todos os participantes recibiron un diploma. 



Parabéns a todos eles e as súas familias pola súa colaboración.
A exposición podédela ver  na entrada do cole.


Podedes ver as fotos aquí.
Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.