sábado, 28 de marzo de 2015

Día da Poesía 2015.


Rematamos este segundo trimestre conmemorando o Día da Poesía.


Este ano escollemos a figura de Rosalía de Castro para ilustrar o primeiro dos seus poemas escrito en galego, reflexado no  libro “Cantares Gallegos”. Podes ver o vídeo co traballo feito por todos os alumnos do cole. Parabéns!

                                 

Logo, os nenos e nenas da Carballeira de Lourizán recitaron poemas que compuxeron para este día. Incluso os máis marchosos de segundo de primaria animáronse coa canción de Amancio Prada adicada o poema “Adiós ríos, adiós fontes”  de Rosalía de Castro.


                









Finalizamos o día botando a voar as nosas poesías cuns globos de helio. Podes ver todas as fotos AQUI.





martes, 17 de marzo de 2015

20 de marzo: Eclipse solar



O vindeiro venres viviremos un eclipse parcial de sol. Pero… qué é iso dun eclipse??? 
Podes botarlle un ollo a este video explicativo e investigar máis sobre o tema na sección 5 NATUREZA na nosa Biblioteca.



Agárdote!!! Un saúdo.
O Berberecho Checho.




Unha auténtica devoradora de libros!!

Parabéns Nerea por ser a lectora do mes!!! 


jueves, 12 de marzo de 2015

As árbores son vida!!


O pasado luns, os alumnos de 5º e 6º de primaria, tivemos unha xornada de plantación no monte veciñal de Lourizán, éste era o producto final dun pequeno proxecto iniciado na clase de ciencias. 

Comezamos esta andaina cunha charla no noso cole por parte dun profesor da Escuela de Capataces Forestales e dun membro da Comunidade de Montes de Lourizán, nas que nos informaron sobre a importancia das árbores e dos bosques, así coma do significado dos montes veciñais.
Tamén vimos o documental: "Siete Caminos. Encrucijada del Tiempo".

Aproveitando as clases de lingua, investigamos sobre o nome científico e o común galego das distintas especies de árbores, a maioría de froitos silvestres. A continuación, fixemos un taller de serigrafiado no que elaboramos carteis cos distintos nomes das árbores e o nome de cada alumno que o plantou, todas elas autóctonas, contribuindo así a biodiversidade do monte dun xeito responsable. 

Chegado o día, os alumnos da Escola de Capataces Forestales exerceron de monitores dirixiron a plantación no Monte de Veliñas, sendo uns dos miradores máis fermosos preto do noso colexio.

Para finalizar esta xornada, visitamos o complexo rupestre do Pornedo, proxecto arqueolóxico que comeza a súa andaina na nosa zona. 
Foi unha auténtica xornada de concienciación medioambiental!!


lunes, 9 de marzo de 2015

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro.

Con motivo da conmemoración do día de Rosalía de Castro o pasado 24 de febreiro os nenos e nenas de educación infantil fixeron este fermoso traballo. Parabéns!!! 


jueves, 5 de marzo de 2015

Unha visita especial.

Nesta XVII edición do Salón do Libro realizamos unha incrible viaxe intergaláctica na que a maxia, as máquinas imaxinarias, os efectos especiais e os experimentos científicos nos fascinaron. Sabedes que os maiores do cole conseguiron extraer o ADN  dun kiwi e dun plátano?
Por momentos, convertímonos en astronautas dispostos a alcanzar a lúa, pero con certo medo de atoparnos con algún alieníxena despistado.

Descubrimos tamén aspectos científicos que se agochan tras os contos de sempre: efecto Pinocho, neurociencia, Teoría Cuántica ou a invención do globo aerostático.
Sentímonos especialmente satisfeitos cando descubrimos, entre todos os traballos presentados polos centros, ao noso Papaletras Creasoños, máquina innovadora, feita con materiais reciclados, que convierte as letras en fermosas historias.

Si tendes ocasión, non deixedes de visitar esta exposición. 
Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.