jueves, 12 de marzo de 2015

As árbores son vida!!


O pasado luns, os alumnos de 5º e 6º de primaria, tivemos unha xornada de plantación no monte veciñal de Lourizán, éste era o producto final dun pequeno proxecto iniciado na clase de ciencias. 

Comezamos esta andaina cunha charla no noso cole por parte dun profesor da Escuela de Capataces Forestales e dun membro da Comunidade de Montes de Lourizán, nas que nos informaron sobre a importancia das árbores e dos bosques, así coma do significado dos montes veciñais.
Tamén vimos o documental: "Siete Caminos. Encrucijada del Tiempo".

Aproveitando as clases de lingua, investigamos sobre o nome científico e o común galego das distintas especies de árbores, a maioría de froitos silvestres. A continuación, fixemos un taller de serigrafiado no que elaboramos carteis cos distintos nomes das árbores e o nome de cada alumno que o plantou, todas elas autóctonas, contribuindo así a biodiversidade do monte dun xeito responsable. 

Chegado o día, os alumnos da Escola de Capataces Forestales exerceron de monitores dirixiron a plantación no Monte de Veliñas, sendo uns dos miradores máis fermosos preto do noso colexio.

Para finalizar esta xornada, visitamos o complexo rupestre do Pornedo, proxecto arqueolóxico que comeza a súa andaina na nosa zona. 
Foi unha auténtica xornada de concienciación medioambiental!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.