Chegamos a abril, mes do libro, e dende a biblio do Checho preparamos unha serie de actividades para celebralo como se merece.
Como seguro que sabedes, o día 23 de abril foi elixido como "Día Internacional do Libro", pois coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespearee e o Inca Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616.
O 15 de novembro de 1995, a UNESCO decidiu proclamar este día, Día internacional do libro e dos dereitos de autor.Quería destacar deste xeito a importancia do libro, que foi historicamente o medio de difusión máis importante do coñecemento así como unha ferramenta esencial de enriquecemento cultural.


No hay comentarios:
Publicar un comentario