Todos os días son días de traballo pola igualdade pero nestas datas de marzo volve ser urxente lembrar a presenza das mulleres na sociedade.
O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, é unha das datas claves para avanzar na educación para igualdade, na formación de cidadáns e cidadás na procura dunha sociedade máis xusta permitindo aos nenos e ás nenas coñecer o mundo no que viven, coñecer a presenza da muller nos distintos ámbitos do saber e nos distintos momentos da historia. E sobre todo, re-coñecer a importancia e a influencia do traballo da muller nos diferentes ámbitos sociais do mundo no que eles viven e medran.
Neste enlace podedes coñecer a historia deste día
E agora un contiño para os máis pequenos
E outro para os maiores

No hay comentarios:
Publicar un comentario