martes, 19 de abril de 2016

23 de abril: Día do Libro

Como xa sabedes, o 23 de abril celebramos o Día do Libro e desde a Biblioteca do Checho estamos a preparar unha chea de actividades para celebralo. 
Este 23 de abril cúmprense 400 anos da morte de Miguel de Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores.


Podedes saber máis premendo nesta ligazón:

E tamén vos deixo a historia de Enrique, un neno ao que lle encantan os libros, pero non como pensades que  poden gustarlle...


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.