O mércores 19 de outubro, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria, realizamos unha interesante saída a pé ata Marfrío (empresa de conxelados da zona), sita no Porto de Marín.
O Director de Calidade da empresa fixo de guía. Explicounos certas normas seguridade e, logo, comentounos a que se dedica a fábrica: elaboración de produtos conxelados a partir do calamar, pota, potón e peixes.
Abraiáronnos os conxeladores, eran enormes! Dixéronnos que a temperatura dos productos finais mantense sempre a -18º e que nunca se rompe a cadea de frío dos alimentos .
Logo, mostráronnos gran parte das instalacións do edificio: sala de desinfección de calzado, enfermería, almacén de fariñas, ...
Seguidamente, explicáronnos que a materia prima coa que traballa a fábrica chega conxelada. Ensináronnos como preparaban os calamares para cortar, cociñar e prefritir e; despois, facer as argolas de calamares.
Amosáronnos diferentes procesos: desconxelación, limpeza, corte en rodas, relavado, escaldado ...
Despois indicáronnos como o prefriten e como o glasean.
O último que fan é envasalo e colocalo nos frigoríficos para conservar a cadea de frío a -18º.
Como mostra, invitáronnos a unha saborosa degustación dos seus preparados cociñados (argolas de calamar, croquetas de xamón e “palitos” de pescada). Estaban exquisitos!!
Aprendemos unha morea de cousas. E o mellor de todo.., pasámolo moi ben!!
Sara e India (6º EP)
Podedes ver máis fotos aquí.







No hay comentarios:
Publicar un comentario