miércoles, 29 de marzo de 2017

Hora de ler... Gordiño Recheo

Este mércores, non podían faltar os nosos contacontos en 1º e 2º de Primaria para narrarnos na Hora de Ler o capítulo 10 de Gordiño Recheo: "A Síndrome de Picwick" .

Inés e Manuel foron os compañeiros que levaron a cabo esta actividade de animación á lectura.
Esta vez, falamos de como bota en falta Zoel a súa nai e canto lle gustaba estar con toda a súa familia... Tamén comentamos que é o colesterol, como afecta a nosa saúde e que alimentos debemos tomar a miúdo, ás veces ou ocasionalmente se queremos previr enfermidades relacionadas cunha alimentación non saudable.
En fin..., aprendemos e lembramos unha morea de cousas !!!
Grazas, Inés e Marcos, por entreternos coa vosa lectura!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.