Grazas ao Programa “O Sabor da Aventura está no Mar”, incluído no Plan Proxecta, esta semana os nenos e nenas do colexio gozamos dunha marabillosa saída a Bueu.
Alí, un monitor amosounos as diferentes embarcacións e as artes de pesca.
Logo, achegámonos ata a lonxa.
Explicáronnos como se descargan, clasifican, pesan e etiquetan o peixe e marisco; para posteriormente subastalo. Tamén puidemos catar ourizos de mar!!!
A continuación, achegámonos ata a Praza de Abastosde Bueu.
As praceiras e praceiros dos diferentes postos tiñan á venda peixes e mariscos maiormente; aínda que tamén atopamos algunha carnizaría ou froitaría.
As praceiras e praceiros dos diferentes postos tiñan á venda peixes e mariscos maiormente; aínda que tamén atopamos algunha carnizaría ou froitaría.
Despois de tanto camiñar todos tiñamos moita larica; así que, a merenda mariñeira que preparamos con produtos do mar foi unha autenticamente saborosa.
Nese intre, tiñámolo moi claro…, todo o que cae na rede é peixe!!!
Nese intre, tiñámolo moi claro…, todo o que cae na rede é peixe!!!
![]() |
| Pincha AQUÍ se queres ver máis fotos |











No hay comentarios:
Publicar un comentario