miércoles, 27 de septiembre de 2017

Xornada de formación de Usuarios e Colaboradores

Como ben sabedes, o vindeiro luns 2 de outubro, comezamos co servizo de préstamo na Biblioteca do Checho. Para lembrar as normas de funcionamento da Biblioteca, hoxe realizamos unha xornada de formación dirixida aos usuarios e aos colaboradores que nos van visitar.
Comezamos a sesión coa visualización dun vídeo resumo das normas. Aquí volo deixamos, por se queredes botarlle de novo unha ollada...





Logo, explicáronnos que indican as cores das etiquetas e a información que conteñen.
A continuación, recordamos como está organizada a biblioteca e que materiais atopamos nos diferentes andeis.











Por certo, estivemos todos moooooi atentos...





















Por ende, respondemos correctamente a todas as preguntas que despois nos fixeron!!!































Agora si que xa estamos listos para comezar. Esperámosvos na Biblioteca!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.