O pasado mércores 5 de novembro, os nenos e nenas de E. Infantil participaron na actividade “Contos Ilustrados. Panchito, astronauta”, promovida polo Concello de Pontevedra.
Enrique(Pin), o contacontos, relatounos a historia de Panchito mentras Carlos (Mau), o ilustrador, realizaba a ilustración mural do que se estaba a contar.
Para rematar, e seguindo as indicacións de Carlos, todos os nenos e nenas debuxaron o seu propio Panchito como verdadeiros profesionais.


No hay comentarios:
Publicar un comentario