Este ano celebramos no colexio CEIP A Carballeira de Lourizán o día de Samaín dunha maneira diferente e divertida.
As tres primeiras horas foron como un día normal, pero cando tocou o timbre do recreo as cousas cambiaron. Os nenos e nenas de sexto de primaria saíran fora na segunda hora para colocar quince círculos de cartolina negra con pantasmas brancas debuxadas polo patio dos pequenos e dos maiores.
Era como una búsqueda do tesouro escondido e foi divertidísimo. Logo, na cuarta e algo da quinta hora, foi o momento dos obradoiros.
Había tres obradoiros. Un deles era para debuxar, e estaba na aula de quinto de primaria.
O outro obradoiro era de maquillaxe, que trataba de que ti lles dicías de que te querías pintar e os nenos e nenas de sexto de primaria ou as mestras maquillábante. Este obradoiro estaba na aula de sexto de primaria.
E o último obradoiro era de contacontos. Catro alumnos de sexto e catro alumnos de quinto de primaria contábanlle contos aos demais nenos e nenas dos outros cursos. Isto fíxose na biblioteca.
No que quedaba da quinta hora escoitamos cales eran os gañadores do concurso de cabazas, que foron Rubén e Yago.
Os obradoiros foron moi divertidos e entretidos. As cabazas eran moi bonitas e a búsqueda das pantasmas divertidísima. Foi un día xenial e estou moi contenta.
Lara Rodríguez. Alumna de 5º Primaria.
Podedes ver todas as fotos aquí.








No hay comentarios:
Publicar un comentario