Este venres, 20 de xaneiro, dous membros do Corpo de Policía Nacional, achegáronse ao colexio co fin de darnos unha charla, aos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, sobre o acoso escolar e outros temas relacionados co ciberacoso.
Faláronnos do bullyng, ciberbullyng, sexting e grooming; dos pederastas e os pedófilos.
O bullyng consiste en recibir acoso dunha ou varias persoas diariamente nun largo período de tempo que pode perxudicar física ou psiquicamente á vítima. Explicáronnos como reaccionar a el, como axudar á vítima, etc.
Tamén nos falaron do ciberacosoou ciberbullyng, que é parecido ao acoso pero a través das redes sociais. Ensináronnos as consecuencias que pode ter e mostráronnos un exemplo real que pasara fai tempo.
Ademais faláronnos do grooming, do sexting e sobre que eran os pedófilose os pederastas.
Para completar a charla, visionamos dous vídeos moi ilustrativos. E por último, houbo unha rolda de preguntas para solucionar as nosas dúbidas.
Foi unha charla moi instructiva!!
AMIGOS E AMIGAS!!!
MOITO COIDADO CO QUE FACEDES NAS REDES SOCIAIS!!!
Aarón, Francisco, Sara e India 6º





No hay comentarios:
Publicar un comentario