Seguindo a temática do “Mércores, Día da froita”, o colexio optou por elixir outro día relacionado con outro alimento; decantáronse polo Luns e relacionárono co Iogur, un alimento moi rico en calcio.
O obxectivo é concienciarse sobre unha alimentación saudable, continuando a temática de traballo do noso proxecto documental (PDI) sobre a alimentación.
Deste xeito, os alumnos teñen a oportunidade de tomar esta comedela durante o recreo, ao menos, unha vez á semana.
India e Iker Ucha 6º



No hay comentarios:
Publicar un comentario